Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución da central hidroeléctrica do río Corzán, no río Corzán, termo municipal de Negreira. (Expediente 278/1999).

Visto o escrito presentado por Hidroeléctrica del Arnoya, S.L., con enderezo para efectos de notificacións en Cantón Grande nº 6, 6º A, 15003 A Coruña, no que se solicita autorización administrativa, aprobación do proxecto das novas instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Corzán, situada no río Corzán, termo municipal de Negreira, provincia da Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Francisco Salazar Mitchell, en nome e representación de Hidroeléctrica del Arnoya, S.L., solicitou unha concesión para derivar un caudal de auga de ata 1.200 l/s do río Corzán, no termo municipal de Negreira (A Coruña) con destino á producción de enerxía eléctrica xuntando a documen

tación esixida no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, polo que se establece o procedemento abreviado de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación ou adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos cunha potencia nominal que non exceda de 5.000 kVA, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Segundo.-A solicitude de autorización administrativa da central someteuse a trámite de información pública, para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, seguindo o procedemento establecido no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, xa citado.

Terceiro.-O 11 de marzo de 1999, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental acordou aproba-la declaración de efectos ambientais correspondente ó devandito proxecto e modificada por Resolución do 23 de agosto de 1999.

Cuarto.-O 3 de setembro de 1999, Augas de Galicia resolveu outorgarlle a Hidroeléctrica del Arnoya, S.L. a concesión para aproveitar 1.200 l/s do río Corzán, con destino á producción de enerxía eléctrica na central do río Corzán, termo municipal de Negreira (A Coruña). O tramo afectado polo aproveitamento será o comprendido entre a cota 393-230 m.

Quinto.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río Corzán, segundo o proxecto de execución desta, asinado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Edmundo Pascual e polo enxeñeiro industrial Ángel Lobo Bedmar, constan dun equipo productivo, para situar no edificio da central, constituído polos seguintes elementos:

-Unha turbina Pelton de eixe horizontal, de dous inxectores.

-Un xerador síncrono trifásico de 3.150 kVA de potencia, tensión nominal de 6 kV e frecuencia 50 HZ.

-Un transformador de potencia trifásico de 3.150 kVA, relación de transformación 6,3 kV/20 kV.

-Instalacións de medida, control, protección e manobra.

Sexto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1998, do 18 de marzo, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1º) Autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos reflectidos no proxecto denominado Aproveitamento hidroeléctrico no río Corzán, concello de Negreira, provincia da Coruña.

2º) Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comenzo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto esta resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade, medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria