De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 60.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial, cos datos relacionados no anexo, as resolucións desta dirección xeral polas que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas e o lanzamento destas, recaídas no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado por falta de pagamento.
Os feitos indicados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30 do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, texto
refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, e nos artigos 138 e seguintes do regulamento, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.
O lanzamento das vivendas levarao a cabo o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente, e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.
Advírteselles ós interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó desta publicación.
Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido, Decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 8.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A resolución en firme dos contratos comportará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Contra as devanditas resolucións, que non son definitivas na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego
da Vivenda e Solo
ANEXO
de construcción
da resolución da resolución
Expediente
Conta Adxudicatario Último domicilio coñecido Data
Débeda na data
Ferrol (A Coruña)
Ferrol (A Coruña)
Ferrol (A Coruña)
Ferrol (A Coruña)
Ferrol (A Coruña)
Políg. de Caranza, Ferrol (A Coruña)
Ferrol (A Coruña)C2CD68 123 Antonio Picos Barro Rúa Masalla, Ptal. 5, 2º A-Dta.
10-9-1999 353.900 ptas.
C2CD68 298 José M. Rico Sanjurjo Rúa Vila do Conde, Ptal. 10, 2º A-Esq.
10-9-1999 385.600 ptas.
C2CD68 731 Emilio Cajete Dorado Rúa Alcalde Quintanilla Martínez, bloque 10, Ptal. 5-4º D.
8-9-1999 293.787 ptas.
C2CD68 835 Carlos Veiga Rey Rúa Alonso Vega, bloque 11, 9º B
8-9-1999 140.868 ptas.
C2CD68 1643 José A. Correa Martínez ou herdeiros Rúa Armada Española, bloque 22, 6º A
8-9-1999 292.377 ptas.
C2CD68 1721 Manuel Vázquez Varela ou herdeiros Rúa Interior, bloque 24, Ptal. 2, 4º Esq.
8-9-1999 78.450 ptas.
C2CD68 1886 Mª Teresa Teloy Varela ou herdeiros Rúa Armada Española, bloque 28, 8º D,
8-9-1999 247.141 ptas.