Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2000 Páx. 551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores de ordenador do Cixtec.

Ó abeiro do disposto na base 4.2 e 5 da Resolución do 3 de setembro de 1999, do Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores de ordenador, anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 5 de xaneiro de 2000, pola que declara aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos de operadores de ordenador e se nomea o tribunal cualificador das probas.

Estas listas e a composición do tribunal están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet: http: // www.cixtec.es.

Así mesmo, infórmase que a celebración do primeiro exercicio terá lugar o día 22 de xaneiro ás 10.30 horas na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago sita no campus norte (aula A e B).

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2000.

Gonzalo Gómez Móntaña

Director do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable