Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2000 Páx. 547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de decembro de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de denegación de devolución de ingresos indebidos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Celia Brañas Fernández e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de denegación de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar, despois de intentada

a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 Ent.-Ourense en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 13 de decembro de 1999.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Celia Brañas Fernández

DNI: 32.017.022

Juan Flórez 4-1º. A Coruña

Deneg. ingresos indebidos

Expte. xogo Exer. 90

Nº devolución 161/97

Cándido Rodríguez Eiró

DNI: 34.905.487

R/ Barros Sibelo 3. Ourense

Deneg. ingresos indebidos

Expte. 1927/97

Nº devolución 45/97

Asociac. Xuventude e Cultura

G-32.010.499

R/ Progreso 51-1º. Ourense

Deneg. ingresos indebidos

Expte. 3524/99

Nº devolución 101/99

Manuel González Garrido

DNI: 34.935.165

Eulogio Gómez Franqueira 35-2º

Ourense

Deneg. ingresos indebidos

Expte. 6814/99

Nº devolución 220/99