Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2000 Páx. 547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso e polo procedemento aberto, do contrato de xestión, mediante concesión, do hotel monumento-Mosteiro de San Clodio (Leiro).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-la licitación para a adxudicación, mediante concurso e polo procedemento aberto, do contrato de xestión, mediante concesión, do hotel monumento-Mosteiro de San Clodio (Leiro).

* Orzamento de licitación: o orzamento de licitación do contrato que, á súa vez se configura como

canon de concesión, é o importe da achega económica que, con carácter anual, realizará o adxudicatario, a cal ten que ser como mínimo dun millón (1.000.000) de ptas. anuais.

* Prazo de concesión: vintecinco anos, prorrogables, por períodos de 5 anos, ata cincuenta anos.

* Garantía provisoria: (1.000.000) de ptas.

* Clasificación: non se require.

* Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo así como nas súas delegacións provinciais.

* Prazo de presentación de proposicións: ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

* Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación. Así mesmo será posible a presentación de ofertas ó abeiro do determinado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

* Documentación que deberán presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

* Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación e ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo