Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2000 Páx. 546

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1999 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servicios, convocado por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 21 de outubro de 1999.

Consonte o disposto na base 4 da Resolución do 21 de outubro de 1999, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso de libre designación entre funcionarios para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe do vicerrector de Investigación e Terceiro Ciclo.

O rector, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, da reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación do posto de traballo contido no anexo desta resolución.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: directora da biblioteca universitaria.

Nivel: 28.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Pardo Gómez, María Virtudes.

DNI: 4.523.611.