Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2000 Páx. 524

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001813/1999, interposto pola Federación de Servicios Públicos (UGT).

Recibiuse nesta consellería providencia da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente-administrativo 01/0001813/1999, interposto pola Federación de Servicios Públicos (UGT) contra a resolución do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15-7-1999 ordenada publicar por outra da Consellería da Presidencia do 16-7-1999, sobre modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (DOG do 23 de xullo).

Esta secretaría xeral acordou, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo solicitado.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 49 da citada Lei 29/1998, notifícaselles ós interesados e emprázanse para que poidan comparecer en forma como demandados no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1999.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo