Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2000 Páx. 468

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, así como os anexos I e II da Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Anualmente, a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia realiza unha serie de modificacións no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que obriga a revisa-la codificación das tarifas das taxas para efectos da súa xestión.

Así mesmo, diversas normas dictadas ó longo de 1999 inciden directamente en aspectos de taxas e prezos que cómpre revisar.

Por un lado, o Decreto 122/1999, do 23 de abril, polo que se modifica o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, modificou no seu artigo 4 a denominación dos servicios de costas existentes nas delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente, pasando a denominarse Servicio de Conservación do Litoral, o que leva consigo a necesidade de adapta-la codificación dos servicios xestores de taxas e prezos da devandita consellería para efectos da xestión das taxas e dos prezos.

Así mesmo, procedeuse á codificación do Consello Consultivo como servicio xestor de taxas e prezos.

Polo outro lado, en 1999 a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais asumiu a prestación de servicios sociais da mariña nas Casas do Mar que dependían do Instituto Social da Mariña, en virtude do Decreto 72/1999, do 25 de marzo, de asunción das funcións e servicios da Seguridade Social en materia de asistencia e servicios sociais, encomendados ó Instituto Social da Mariña, transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 373/1999, do 5 de marzo. Os devanditos servicios, os servicios sociais da mariña, xeran un ingreso de dereito público que é preciso codificar.

Así mesmo, adáptanse as denominacións de dous prezos privados á realidade actual da súa prestación.

A disposición adicional primeira da Orde do 24 de marzo de 1998, pola que se modifican a Orde

do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, e a Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, engade un parágrafo 2 á disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992, anteriormente citada, que autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos V, VI e VII da propia orde.

A disposición adicional segunda da Orde do 24 de marzo de 1998 engade unha disposición adicional á Orde do 29 de xuño de 1994, referida en liñas precedentes, que autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los seus anexos I e II, mediante resolución.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo 2 da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992, e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994 referidas

RESOLVO:

Primeiro.-Modifica-lo código 05 do Servicio de Costas da Consellería de Medio Ambiente recollido no anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, substituíndoo polo seguinte:

05 Conservación do litoral.

Segundo.-Engadir, na táboa de códigos de consellerías e servicios do anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, os seguintes:

a) Na Consellería de Industria e Comercio, o seguinte código:

06. Comercio.

b) O Consello Consultivo, coa seguinte codificación:

16. Consello Consultivo.

01. Secretaría.

Terceiro.-Actualiza-lo anexo VI da Orde do 30 de xuño de 1992, codificando as novas tarifas de taxas vixentes para o ano 2000, inseríndoas no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida e actualizando a redacción de tarifas de taxas xa codificadas, modificadas para o 2000. As tarifas novas e as tarifas modificadas son as seguintes:

30.07.03 Cambios no boletín de instalación e baixa deste.

30.07.07 Dilixenciado da comunicación de instalación da máquina.

30.07.08 Homologación ou modificación dos modelos de máquinas recreativas e de xogo.

30.17.02 Licencias de pesca marítima de recreo (concesión, renovación, duplicado).

30.17.03 Autorización de establecemento e cambio de base de buques pesqueiros.

30.20.00 Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE e dos seus duplicados.

30.29.00 Actuacións en materia de rexistros ou libros xenealóxicos de animais.

30.29.01 Recoñecemento oficial de asociacións ou organizacións.

30.29.02 Control técnico dos libros xenealóxicos de razas de ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e supervisión do correcto funcionamento das asociacións ou organizacións que xestionen eses libros xenealóxicos.

30.29.03 Recoñecemento e autorización de persoal técnico para a valoración e cualificación de animais para a súa inscrición en rexistros xenealóxicos ou revisión dos xa inscritos.

31.01.03 (Suprimida).

31.01.04 (Suprimida).

31.01.06 Capacitación profesional para o exercicio de actividades de transporte e auxiliares e complementarias deste, así como para o exercicio de conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas.

31.07.04 Expedición de certificados zoosanitarios e zootécnicos, incluídos os relacionados con movementos de animais vivos e productos de orixe animal.

31.07.21 Xestión e subministración de marcas para recrotalización, logo das comprobacións oportunas, no caso de perda, identificación incompleta ou deterioración de marcas identificativas de bovino (as dúas no caso dos identificados polo Regulamento 820/1997, e dunha nos dos identificados polo Real decreto 205/1996, incluída a identificación de animais procedentes de terceiros países ou a reidentificación para cumpri-la normativa comunitaria de movemento de gando).

31.19.01 Apertura e clasificación; cambios de grupo, categoría e titularidade; ampliacións e melloras de hoteis, establecementos extrahoteleiros e de turismo rural do grupo A.

31.19.02 Apertura e clasificación; cambios de grupo, categoría e titularidade; ampliación e melloras de pensións e establecementos de turismo rural dos grupos B e C.

31.19.08 Renovación da habilitación de guía de turismo especializado.

31.19.09 Autorización ou modificación da autorización para a organización de actividades de turismo activo.

31.22.03 Acreditación de laboratorios.

31.22.05 Control de calidade de Vivendas de Promoción Pública.

31.22.06 Estudio xeotécnico. Visado.

31.42.00 Outorgamento de licencia de homologación ás entidades para a realización de medidas e ensaios acústicos.

31.42.01 Licencia.

31.42.02 Modificación.

31.42.03 Renovación.

31.43.00 Inscrición no Rexistro Galego de Centros adheridos ó Sistema de Xestión e Auditoría Medioambiental.

32.07.01 Capacitación profesional para o exercicio de actividades en materias da competencia da Consellería de Industria e Comercio.

32.07.08 (Suprimida).

32.36.02 Ampliación, modificación ou cambio de sistema das instalacións de acuicultura e auxiliares.

32.36.06 Autorización de extracción de sementeira de mexillón (por cada autorización).

32.37.00 Actuacións en materia de réxime especial de producción eléctrica.

32.37.01 Aprobación de plans eólicos estratéxicos.

32.37.02 Cambio de titularidade de plans eólicos estratéxicos.

32.37.05 Comprobación do cumprimento das condicións de acceso ó réxime especial.

32.40.00 Precinto de subministradores ou outros instrumentos sometidos á normativa en materia de metroloxía.

32.52.00 Actuacións en materia de residuos.

32.52.01 Autorización de productor de residuos perigosos.

32.52.02 Autorización de xestor de residuos.

32.52.03 Autorización de xestor de residuos non perigosos de actividades de eliminación en vertedoiro.

32.52.04 Inscrición no Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia, de pequeno productor de residuos perigosos.

32.52.05 Inscrición de transportista no Rexistro de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

32.52.06 Inscrición no Rexistro de Productores e Xestores de Residuos de Galicia, de recollida e transporte de residuos non perigosos.

Cuarto.-Actualiza-lo anexo VII da Orde do 30 de xuño de 1992, engadindo as seguintes entidades:

Caja de Ahorros de Cataluña.

Banco Popular.

Quinto.-No anexo I da Orde do 29 de xuño de 1994 modifícase a redacción do prezo codificado como 36.16.00 e engádense dous prezos máis, inseríndoos no lugar que lles corresponde segundo a orde preestablecida, da seguinte forma:

36.16.00 Venda de doses seminais.

36.29.01 Matrícula ou inscrición.

36.29.02 Instalación de stands.

Sexto.-No anexo II da Orde do 29 de xuño de 1994 engádese o seguinte prezo, inseríndoo no lugar que lle corresponde segundo a orde preestablecida:

35.23.00 Servicios sociais da Mariña.

Sétimo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación e producirá efectos desde o día 1 de xaneiro de 2000.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1999.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos