Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 464

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da apertura dun procedemento de contratación para a adquisición dunha unidade móbil para extracción de sangue.

Segundo o establecido nos artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, a Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a adquisición dunha unidade móbil para extracción de sangue.

O cadro de características no que figuran as condicións das ofertas está á disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia Avda. Monte da Condesa s/n, (15706) Santiago de Compostela, en días hábiles de 8 a 15 horas.

Importe máximo: 38.000.000 de ptas. IVE incluído (228.384,60 euros).

Apertura de proposicións económicas: comunicarase oportunamente.

As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia ou por correo. Deberán presentarse en sobre pechado dirixido o administrador; no exterior do sobre deberá consta-la referencia: Exp. 01/00. O prazo de presentación de ofertas rematará ás 15 horas do vindeiro 26 de xaneiro de 2000.

(O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2000.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro

de Transfusión de Galicia