Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do 13 de decembro de 1999, aprobou inicialmente a inclusión dun inmoble no catálogo de protección do Plan especial de protección do patrimonio histórico construído do termo municipal de Santiago de Compostela, promovido por María Paz Movilla Mirelis.

O inmoble ocupa unha superficie de 2.000 m. Está situado no lugar de Montes, parroquia de San Xoán Apóstolo de Fóra e linda:

Norte: camiño de servidume de paso.

Sur: camiño público.

Leste: Concepción Mallo Liste.

Oeste: Ángel Mallo Liste.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde