Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno Corporativo, adoptado en sesión ordinaria do 1 de decembro de 1999, aprobouse o expediente administrativo para contratar, mediante concurso, con procedemento aberto, a concesión dos servicios municipais de abastecemento de auga potable e rede de saneamento do municipio de Cedeira.

A través deste anuncio convócase licitación conforme as seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cedeira.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

A concesión administrativa da explotación integral dos servicios municipais de abastecemento de auga potable e rede de saneamento do municipio de Cedeira.

3. Tramitación, procedemento e forma de licitación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Prazo do contrato:

Cinco (5) anos prorrogables por períodos de cinco en cinco anos ata un máximo de 25 anos, salvo denuncia expresa de calquera das partes, notificadas, polo menos, cun ano de antelación ó seu vencemento.

5. Canon da concesión:

Non se establece previamente o importe para percibir pola Administración en concepto de canon, que deberá ser proposto polos licitadores.

6. Garantía provisional:

500.000 pesetas.

7. Garantía definitiva:

2.000.000 de pesetas.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Domicilio: r/ Real, 15.

c) Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Teléfono: 981 48 00 00.

e) Telefax: 981 48 25 06.

f) Data límite para a obtención da documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

9. Presentación de ofertas:

As proposicións axustaranse ó modelo contido no prego de condicións económico-administrativas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de condicións administrativas. Toda a documentación presentarase por duplicado.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cedeira.

Enderezo: r/ Real, 15.

Localidade e código postal: Cedeira 15350.

10. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Enderezo: r/ Real, 15.

c) Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Data: primeiro mércores hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 13 horas.

f) Lugar: salón de comisións do Concello de Cedeira.

11. Criterios de adxudicación do concurso.

Os establecidos na cláusula 47 do prego de condicións económico-administrativas.

12. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

13. Exposición do prego de condicións económico-administrativas.

O prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso para a contratación da concesión da explotación dos servicios municipais de abastecemento de auga potable e rede de saneamento do municipio de Cedeira, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria do 1 de decembro de 1999, exponse ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para efectos de exame e reclamacións, de conformidade co disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulasen reclamacións contra el.

Cedeira, 7 de decembro de 1999.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde