O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais con data do 9-9-1999, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda o día 26-8-1999 e declarou o seu alleamento o día 26-5-1999, para vende-lo inmoble seguinte:
Predio rústico, no lugar da Silva do concello de Lousame-Noia, chamada Abruñeiras do Rego da Silva. Ten unha superficie de 4 hectáreas, 20 áreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia (A Coruña) no libro 68 de Lousame, tomo 528 do arquivo, folla 52 volta, predio número 5.873, inscrición cuarta.
O tipo mínimo de licitación é de 10.080.000 pesetas (60.582,02 euros).
Farase esta primeira poxa de acordo co prego de condicións que terán á súa disposición os posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ E. Pardo Bazán, 15-7º esquerda da Coruña. Teléfono 981 18 76 71.
O acto público desta primeira poxa terá lugar perante a mesa nomeada para isto, ás doce horas do día 24-1-2000 na sala de xuntas da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña, r/ Federico Tapia, 54-3º da Coruña.
A Coruña, 3 de xaneiro de 2000.
José Manuel Pombo Cortés
Director provincial da Tesourería Xeral
da Seguridade Social da Coruña