Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/171-2, 5253 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. Sub. e C.T. na rúa Camiño Matadoiro (edificio náutico).

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea de 230 m de lonxitude en conductor D.H.Z. a 20 kV. Centro de transformación de 630 kVA e relación 20.000/380-220.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo