Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/175-2, 5267 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación do Taraxal. Nete.

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: L.M.T. a C.T. O Taraxal a 20 kV en conductor LA-56 de 215 m de lonxitude. L.M.T. a C.T. A Parrocha a 20 kV en conductor LA-56 de 64 m de lonxitude. C.T. O Taraxal de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. A Parrocha de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. O Taraxal en conductor R.Z. de 1.400 m de lonxitude. R.B.T. A Parrocha en conductor R.Z. de 1.100 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 17 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo