Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Francos. Robra.
Situación: Outeiro de Rei.
Descricións técnicas: liña de media tensión a centro de transformación de Francos a 20 kV en LA-56 cunha lonxitude de 24 m. Centro de transformación de Francos de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. 840 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 16 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo