Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/169-2, 5234 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Cabreiros.

Situación: Xermade.

Características técnicas: L.M.T. a C.T. de cemiterio a 20 kV en Al-56 de 160 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T. das Cernadas a 20 kV en Al-56 de 132 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T. de Cabreiros a 20 kV en Al-56 de 6 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T. da Touza a 20 kV en Al-56 de 1.411 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T. da Vilacide a 20 kV en Al-56 de 993 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T.

da Pena a 20 kV en Al-56 de 208 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T. do Chao a 20 kV en Al-56 de 30 metros de lonxitude. 8 centros de transformación (cemiterio As Cernadas, Cabreiros, A Touza, Vilacide, A Pena, O Chao, gasolineira) de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo