Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación en Rinlo II.
Situación: Ribadeo.
Características técnicas: L.M.T. a C.T. de Cetárea a 20 kV en conductor Al-56 de 299 metros de lonxitude L.M.T. a derivación Rinlo II a 20 kV en conductor Al-56 de 269 metros de lonxitude. C.T. de 250 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión Rinlo II en conductor R.Z. de 250 metros de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 12 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo