Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/160-2, 5215 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación da Madanela. Remourelle.

Situación: Ribadeo.

Características técnicas: L.M.T. a C.T. da Madanela a 20 kV en Al-56 de 488 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T. de Tombiña a 20 kV en Al-56 de 43 metros de lonxitude. Dous centros de transformación de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 250 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 12 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo