Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación das Areosas.
Situación: Foz.
Características técnicas: liña de media tensión ó centro de transformación de Canedo II de 70 metros de lonxitude a 20 kV en Al-56. Centro de transformación das Areosas de 160 kVA e relación 20 kV/380-220.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 17 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo