Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

A Alcaldía, por Resolución do 30 de novembro de 1999, acordou dar publicidade ás convocatorias dos procedementos de selección para a provisión das prazas vacantes de persoal funcionario desta entidade á que fai referencia a oferta de emprego público desta corporación para 1999, de conformidade coas bases aprobadas en sesión do 26 de marzo de 1999.

Prazas de persoal funcionario:

Catro prazas de administrativo de Administración xeral, grupo C, con nivel de titulación de bacharelato superior, FP2 ou equivalente, ou unha antigüidade de 10 anos na subescala correspondente, polo procedemento de concurso-oposición por sistema de promoción interna.

Unha praza de capataz de obras de Administración especial, grupo C, con nivel de titulación de bacharelato superior, FP2 ou equivalente, ou unha antigüidade de 10 anos na subescala correspondente, polo procedemento de concurso-oposición por sistema de promoción interna.

Prazo de presentación de instancias:

Vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto de convocatoria no BOE e no Diario Oficial de Galicia.

As bases da convocatoria aparecen publicadas no BOP de Lugo nº 260, do 12 de novembro de 1999 e nº 274, do 29 de novembro de 1999.

Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro municipal de edictos.

Burela, 30 de novembro de 1999.

Manuel Mon Rouco

Alcalde