Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación do Concello de Carballo, en sesión celebrada o día vintenove de novembro de mil novecentos noventa e nove, aprobou inicialmente o estudio de detalle de aliñacións duna parcela no núcleo urbano de Carballo, sita na rúa Mimosas, esquina á rúa das Moreiras e esquina á rúa paralela ó río Anllóns de Carballo, conforme o proxecto presentado, redactado polo arquitecto Manuel Peleteiro Bandín.

O expediente exponse ó público na Secretaría do Concello, polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, co obxecto de que calquera persoa interesada poida presenta-las alegacións que considere oportunas.

Carballo, 2 de decembro de 1999.

Manuel Varela Rey

Alcalde