Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de lencería, vestiario e zocos, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 0004CHOP).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, convoca o concurso público nº 0004CHOP, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación da subministración sucesiva de lencería, vestiario e zocos, repartido en vinte lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, por un orzamento total de vintenove millóns seiscentas setenta e oito mil seiscentas (29.678.600) pesetas, 178.371,98 euros. Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: os bens obxecto deste concurso público entregaranse conforme a demanda do Servicio de Subministracións.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital Provincial, rúa Loureiro Crespo, nº 2. C.P. 36001 de Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 70 00 (Ext. 382, 330 ou 164) ou fax 986 80 70 51, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación de cada lote ó que se licite, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Criterios de adxudicación: os especificados na folla de especificacións (p. 7).

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta

resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 16 de decembro de 1999.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra