Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 299

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ás categorías 2 (titulado superior médico) e 6 (titulado superior psicólogo) do grupo I (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, e á vista das solicitudes presentadas para as categorías 2 (titulado superior médico) e 6 (titulado superior psicólogo) do grupo I (lista B), e unha vez elaborados pola Comisión Permanente de Selección as listaxes provisionais na súa sesión do día 14 de decembro de 1999, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes ás categorías 2 (titulado superior médico) e 6 (titulado superior psicólogo) do grupo I (lista B), da forma que seguidamente se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó de publicación no Diario Oficial de Galicia para a subsanación de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B) estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listaxes provisionais, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo I: 10.030 ptas.

Os que non o fixeran no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Estará exento do aboamento das taxas por dereito de inscrición na categoría correspondente quen fora admitido no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 e corrección de erros do 13 de outubro.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública