Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 299

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 21 de decembro de 1999, da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados para persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 4 do grupo III (gobernante/a e outros) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado no acordo do 26 de outubro de 1999 (DOG nº 212, do 3 de novembro) polo que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 4 do grupo III (gobernante/a e outros) e vistas as alegacións feitas polos interesados, da citada categoría (lista B), na sesión do día 30 de novembro de 1999, esta comisión

ACORDA:

Primeiro.-Facer pública a relación de aspirantes que foron excluídos nas listaxes provisionais, do grupo III categoría 4 (gobernante/a e outros) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma:

DNIApelidosNomeBaremo

50.407.943Calle DomínguezAlicia0,75

32.661.515Pita GrañaJosé Alberto0,00

33.296.366Bascoy FernándezAlfonso0,75

10.029.804Fernández FernándezMª Dolores5,75
34.901.828González OteroEva Beatriz10,75
32.544.255Quiñonero MartínezMª Isolina18,46
35.316.971Lozano BernalMª Teresa1,85
35.301.090Durán CortegosoElisa4,50

Segundo.-Os solicitantes relacionados anteriormente estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa

-Grupo III: 7.515 ptas.

Os que así non fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1999.

Ramón del Valle López

Presidente da Comisión Permanente de Selección

de Persoal Laboral