Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 294

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de decembro de 1999 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios dos corpos superior, administrativo, auxiliar e subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 30 de decembro de 1997.

Rematados os procesos selectivos convocados polas ordes do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 10, 12 e 13, do 16, 20 e 21 de xaneiro de 1998) para o acceso ós corpos superior, administrativo, auxiliar e subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia, mediante as ordes do 22 de setembro, 18 de outubro e 8 de novembro de 1999 (DOG nº 193, 212 e 220, do 5 de outubro, 2 e 15 de novembro) polas que se elevan a definitivas as propostas de aspirantes que superaron estes. Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases das convocatorias e realizado o acto previsto na Orde do 4 de decembro de 1999.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, demais normas con

cordantes e nas bases das respectivas convocatorias de procesos selectivos,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios dos corpos superior, administrativo, auxiliar e subalterno da Administración xeral da Xunta de Galicia, que en cada caso se especifican, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta orde, ordenados, nos correspondentes sistemas de acceso, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destinos provisionais, os que figuran no anexo.

Non obstante o anterior, ós aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna e que en virtude do disposto no artigo 60.3º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, elixen tomar posesión na praza que viñan desempeñando con carácter definitivo cando o nivel desta se atope incluído no intervalo de niveis do corpo e grupo ó que acceden, adxudícaselle-los ditos postos con carácter definitivo.

Así mesmo, adxudícaselle co mesmo carácter os postos ó persoal laboral que optou por permanecer no seu posto de traballo, sempre que reúna os requisitos necesarios.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta orde

deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública