Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 300

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ás categorías 2, 6, 11, 19, 23 e 31 do grupo I, ás 2, 6, 17, 21, 31 e 37 do grupo II, ás 3, 5, 11, 37, 68 e 88 do grupo III, ás 2, 6, 9, 11, 12, 16, 17, 21, 23 e 25 do grupo IV e 2, 8, 9, 10 e 12 do grupo V (lista A), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, e á vista das solicitudes presentadas para as categorías (lista A):

Grupo I : Cat. 002 (titulado superior médico).

Cat. 006 (titulado superior psicólogo).

Cat. 011 (titulado superior pedagogo).

Cat. 019 (titulado superior especialista).

Cat. 023 (documentalista).

Cat. 031 (titulado superior de formación ocupacional).

Grupo II: Cat. 002 (ATS, enfermeiro e outros).

Cat. 006 (educador e outros).

Cat. 017 (asistente social).

Cat. 021 (monitor ocupacional).

Cat. 031 (restaurador).

Cat. 037 (titulado medio de formación ocupacional).

Grupo III: Cat. 003 (controlador pecuario e outros).

Cat. 005 (intendente e outros).

Cat. 011 (encargado agrario e outros).

Cat. 37 (técnico de son).

Cat. 068 (pastor oficial 1ª e outros).

Cat. 088 (capataz de explotacións marisqueiras).

Grupo IV: Cat. 002 (auxiliar mecánico e outros).

Cat. 006 (axudante servicios técnicos e outros).

Cat. 009 (oficial 2ª traballos agrícolas).

Cat. 011 (auxiliar de laboratorio).

Cat. 012 (auxiliar de internado).

Cat. 016 (conductor).

Cat. 017 (almaceneiro, despenseiro).

Cat. 021 (oficial 2ª carpinteiro e outros).

Cat. 023 (mestre gaiteiro).

Cat. 025 (cargador, tremoeiro).

Grupo V: Cat. 002 (axudante traballos e outros).

Cat. 008 (peón agrario especializado).

Cat. 009 (celador segunda e outros).

Cat. 010 (auxiliar de teléfono de información ó cidadán).

Cat. 10d (socorrista).

Cat. 012 (peón e outros).

Unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección as listaxes provisionais na súa sesión do día 14 de decembro de 1999, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes ás categorías relacionadas anteriormente (lista A), da forma que seguidamente se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Tódolos solicitantes da lista A que figuren sinalados cun asterisco (*) deberán presenta-la titulación académica e/ou requisitos para o acceso á categoría respectiva.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os solicitantes admitidos (lista A) que figuran cun asterisco (*) teñen a consideración de admitidos con carácter provisional debendo enviar, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, á Comisión Permanente de Selección de Persoal o xustificante da titulación académica e/ou requisitos requiridos para o acceso á categoría respectiva. No caso de que non o presenten no prazo establecido, quedarán excluídos das listas.

Cuarto.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó de publicación no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública