Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 290

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999 pola que se lles dá publicidade ás relacións de beneficiarios das axudas financeiras concedidas ó abeiro dos convenios Pemes-99 con proxectos que superan os 50 millóns de investimento subvencionable.

Mediante resolucións do 18 de maio de 1999 fixéronse públicos os contidos do convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras para o apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, e do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (Ico) e diversas entidades financeiras.

Mediante Resolución do 27 de maio de 1999 fíxose público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, e diversas entidades de crédito.

Os ditos convenios asináronse co obxecto de establecer liñas de axudas de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos económicos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

A disposición adicional 3ª da citada orde, así como as cláusulas 9.3 e 8.3 dos ditos convenios, e en cumprimento dos compromisos dos «Acordos sobre Medidas para o Crecemento e o Emprego en Galicia 1998-2001» establécese que os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro dos ditos convenios, dos que os proxectos superen os 50 millóns de pesetas de investimento subvencionable (ou o seu contravalor en euros), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade ás relacións de beneficiarios de axudas financeiras, desagregadas por convenios, que figuran como anexos I, II e III, cun proxecto de investimento subvencionable que supera os 50 millóns de pesetas.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego

de Promoción Económica