Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 290

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999 pola que se publican os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o ano 2000 ós contratos de arrendamento financeiro subvencionados ó abeiro dos convenios de apoio financeiro dos investimentos das Pemes.

De conformidade cos convenios de apoio financeiro ós investimentos das Pemes asinados coas entidades de crédito durante os anos 1998 e 1999, os tipos de xuro dos contratos de arrendamento financeiro subvencionados pola Xunta de Galicia, que se formalizaron a tipo de xuro variable, variarán por anos naturais, establecéndose no texto dos citados convenios o sistema de determinación do tipo de xuro para exercicios futuros.

Visto o exposto, e unha vez verificados os datos relativos á evolución dos tipos de referencia durante o período establecido nos citados convenios, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o ano 2000 ós contratos de arrendamento financeiro formalizados, a tipo variable, ó abeiro dos convenios de apoio financeiro ós investimentos das Pemes dos anos 1998 e 1999 serán os seguintes:

-Contratos de arrendamento financeiro do convenio 1998: 4,70%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,25 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (3,45) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Contratos de arrendamento financeiro do convenio 1999: 4,60%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (3,457) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades de crédito deberán comunicarlles ós beneficiarios dos contratos de arrendamento financeiro subvencionados a variación do tipo de xuro.

Tercero.-O tipo de xuro do contrato de arrendamento financeiro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó límite fixado nos citados convenios e na resolución de concesión de axuda. No caso de que sexa inferior limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ó límite, suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro para aplicar ó contrato de arrendamento financeiro será

o que lle corresponda segundo o establecido no punto primeiro desta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

de Económica