Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente incoado por infracción á Lei de pesca fluvial, P-34/99, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8 de xaneiro de 1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

Lugo, 30 de setembro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: P-34/99.

Denunciado: Pedro Núñez Villar.

DNI: 10.028.458.

Enderezo: Los Almendros, nº 4, Ponferrada (León).

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana en época de veda, infrinxindo o disposto no anexo V da orde de vedas do 22 de febreiro de 1999 (DOG do 5 de marzo) polo que se establece que no río Neira se apraza o inicio da tempada da pesca ata o 1 de maio no lugar onde se encontraba o denunciado. Feitos constatados o día 26 de marzo de 1999 no río Neira. Penarrubia. Baralla.

Precepto sancionador: artigo 34.8º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Indemnización por danos e perdas: 11.000 ptas.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Artes comisadas: unha cana e un carrete depositados nas dependencias da Delegación de Medio Ambiente de Lugo.