Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-31/99, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles os denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, as iniciacións dos correspondentes expedientes sancionadores por infracción á Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Mª Concepción Ameijide Rodríguez-Moldes, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8 de xaneiro de 1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 6 de setembro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: C-31/99.

Denunciado: Amable González Mon.

DNI: 76.574.201.

Enderezo: r/ Nicolás Cora, nº 34-1º, Viveiro (Lugo).

Feitos imputados: infrinxi-lo disposto no artigo 10 da orde de vedas do 28 de xullo de 1998 (DOG do 10 de agosto), ó adestrar catro cans de caza en época de veda e sen permiso de couto. Feitos constatados o día 3-4-1999 no couto LU-10.004. Corruxedo. Navia de Suarna.

Preceptos infrinxidos: 57.13º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas.