Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial nº 2091/0707/01/3110000025

de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non

esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 26 de novembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

734/98Mario Jesús Roldán Hernández34.255.236r/ Raxoeira, nº 7-2º F Milladoiro (Ames)Pub Mague23 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

50.001 ptas.

38/99Francisco Javier Fernández García10.587.602r/ Rueiro, nº 2-2º dereita

Rutis (Culleredo)

Cafe bar La Paz26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

175/99José Luis Orgeira Díaz32.666.713r/ Os Ánxeles, nº 101, AresCafetería Kromlech23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

225/99Juan Pablo Basoa Riobó32.611.737Urbanización Adeza, nº 26, CabanasDiscoteca Coliseo23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

75.000 ptas.