Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dunha proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de xogo C-26/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos que estime pertinentes ante a instructora do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 34/1987, da potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

A Coruña, 24 de novembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: C-29/1999.

Denunciado: José Diego Monzo Santos.

DNI: descoñecido.

Enderezo: rúa Montouto, Teo.

Establecemento: Don Pepe.

Precepto infrinxido: 29.i) da Lei 14/1985.

Precepto sancionador: 31 e 32 da Lei 14/1985.

Sanción: 100.001 ptas.