Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual 16, relativa á ficha de características do PERI II-05 Rocío. (Expediente 4219/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 11 de novembro de 1999, adoptou o seguinte acordo: aprobar definitivamente a modificación puntual nº 16 do PXOU, relativa á ficha de características do PERI II-05 Rocío (expediente 4219/411), instada polos propietarios dos terreos incluídos no seu ámbito e asumida como propia pola corporación municipal. A ficha queda redactada como segue:

Ficha de área remitida ó Plan especial de reforma interior:

Denominación: PERI II-05 Rocío.

Situación: Tomás Paredes, Marín, Rocío e Pardaíña.

Planos: 12-28 e 13-28.

Superficie do PERI: 24.749 m.

Uso característico: residencial e outros usos compatibles.

Tipoloxía característica: unifamiliar illada (Med. Dens.) e bloque illado.

Densidade máxima: 75 viv/ha.

Obxectivos da reforma:

Ordenación pormenorizada de edificabilidade e usos.

Mellora do sistema de zonas verdes mediante o aumento de solo destinado a tal uso, no ámbito obxecto desta modificación.

Mellora do sistema viario mediante o alargamento da rúa Tomás Paredes.

Dotación de equipamentos convenientes para esa zona.

Intensidades

UsoTipoloxíaSuperficieEdificabilidade media

Residencial0,825 m/m

Outros usos compatibles0,175 m/m

UsoTipoloxíaSuperficieEdificabilidade media

Equipamentos (colexio público)1.650 mA definir no PERI

Z. verdes de titularidade pública8.469 mA definir no PERI

Criterios de ordenación:

O PERI definirá a tipoloxía de edificación máis acorde co contorno.

O equipamento proposto formularase como ampliación do colexio público Virxe do Rocío.

As aliñacións axustaranse, pola marxe de Tomás Paredes, para permiti-lo alargamento de tal rúa.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se puidese ter practicado.

Vigo, 29 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo