Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de vehículos contra incendios e salvamento.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións administrativas e técnicas para a adquisición de vehículos contra incendios e salvamento, para cesión ó Consorcio da Comarca de Valdeorras, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran nos mencionados pregos de condicións, que lles serán facilitados gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00, e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 23 de decembro de 1999.

O presidente

Rubricado