Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO: poxa pública de dúas parcelas de titularidade do concello.

Aprobado por resolución desta Alcaldía do 24-11-1999 o prego que rexerá na venda en poxa pública e por procedemento aberto das parcelas patrimoniais deste concello que de seguido se indican:

1. Parcela de 84 m sita na rúa República Arxentina.

2. Parcela de 656 m sita no barrio de San Benito.

Ámbalas dúas son bens de natureza patrimonial e pola presente exponse ó publico o prego de referencia para que poidan presentarse reclamacións no prazo de 8 días contados desde a derradeira publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia. Simultaneamente anúnciase as poxas se ben estas poderán quedar desertas cando resulte necesario no

suposto que se presenten reclamacións contra o citado prego. Se se optaran a ámbalas dúas poxas terase que presentar unha proposta individualizada acompañada da correspondente documentación para cada unha delas.

1. Entidade adxudicataria: Alcaldía do Concello de Tomiño. Dependencia que tramita o expediente: secretaría deste concello.

2. Obxecto da poxa:

a) Parcela de 84 m sita na rúa República Arxentina deste termo municipal, que resta da adquisición de predios a particulares para ampliación dunha rúa constando a súa incorporación ó correspondente inventario de bens deste concello mediante acordo de data do 28 de febreiro de 1998.

b) Parcela de 656 m sita no barrio de San Benito unha vez descontados os metros ocupados polo vial público.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

Parcela de 84 m: 1.071.000 ptas. mellorable á alza.

Parcela de 656 m: 1.394.000 ptas. mellorable á alza.

5. Garantías: fianza provisional equivalente ó 2% do valor dos bens e, unha fianza definitiva do 4% do remate en caso de ser adxudicatario, admitíndose polo concello o aval bancario soamente no caso da fianza definitiva.

6. Obtención de documentación e información: concello de Tomiño. Praza de Calvo Sotelo. Tfno.: 986 62 20 02. Fax: 986 62 25 30. Data límite de obtención de información e documentación: o día antes ó do remate do prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos: os recollidos no correspondente prego.

8. Presentación das ofertas:

a) Os licitadores soamente poderán presentar unha proposición a cada unha das poxas anunciadas de 10 a 13 horas, de luns a sábado, durante o prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 6ª do correspondente prego.

9. Apertura das ofertas: no salón de sesións do concello ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para a presentación das proposicións.

10. Adxudicación do contrato: o Pleno do Concello órgano competente para o efecto adxudicará o contrato dentro do prazo máximo de 40 días contados desde o seguinte ó da apertura en acto público das ofertas recibidas sen que a proposta de adxudicación que

poida face-la mesa cree dereito algún a favor do ofertante proposto mentres non se adxudique o contrato.

11. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios. Así mesmo serán pola súa conta o resto dos gastos de escrituración da devandita venda.

Tomiño, 30 de novembro de 1999.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde