Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: realización das obras de acondicionamento de locais na estación de autobuses para empresa municipal de transportes (TUSSA), consistentes en axusta-la distribución dos locais existentes e remodela-los aseos de planta inferior, así como dotar de equipamento de iluminación e climatización a todo o conxunto.

Tipo de licitación: ascende a 11.274.454 ptas., IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación e Servicios). Tfno: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Estudio. Rúa Nova de Abaixo, s/n.

Criterios de adxudicación: son os enumerados no artigo 14 do prego de condicións.

Garantías:

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D/Dña..., con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio en... participa no concurso por procedemento aberto para..., e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... (en letras e números) ptas., que supón unha baixa de... (en letras e números) ptas. con respecto ó tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

4. Que se compromete a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, Seguridade Social e protección á industria nacional.

En..., ... de... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por...

En..., ... de... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1999.

O alcalde

Rubricado