Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria do concurso que se cita.

Obxecto: é a contratación das obras incluídas no proxecto básico e de execución da rehabilitación da casa para a Oficina de Información ó Peregrino sita en Casas do Vento, San Lázaro, redactado polo arquitecto Xoán Carlos Malvárez Rodríguez.

Tipo de licitación: 9.367.691 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: tres meses.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas no rexistro xeral do concello no prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar no Concello de Santiago de Compostela ás 12 horas do seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación das proposicións.

Prego e documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación e Servicios). Tfno.: 981 54 23 24. Documentación: Rúa Nova de Abaixo, 19-21. Santiago de Compostela. Tfno: 981 59 33 85.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

O alcalde

Rubricado