Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de licitación.

Por Resolución da Alcaldía de 30-11-1999 foi aprobada a convocatoria da segunda poxa polo procedemento aberto para o alleamento da seguinte parcela: Z-5.

a) Entidade adxudicataria: Concello de Sada.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

1. Obxecto do contrato.

Descrición do soar: parcela: Z-5 sinalada no plano nº 3 do Proxecto de Compensación do Plano Parcial das Brañas, cunha superficie aproximada de 1.970,23 m. Uso: equipamento comercial; edificabilidade: (0.90 m/m) 1.773,20 m

2. Tramitación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

3. Orzamento base de licitación.

O tipo de licitación fíxase en 30.000.000 de ptas. e poderá ser mellorado á alza.

4. Garantías.

Os licitadores deberán constituír unha fianza provisional de 600.000 ptas., equivalente ó 2 por cen do valor do ben e unha definitiva equivalente ó 4 por cen do importe do remate.

5. Obtención de documentación e información.

Concello de Sada, Avda. Xlmo. Franco 25, teléfono 981 62 00 75, fax 981 62 36 55. Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite: a data límite de presentación finalizará ós vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da data de publicación do anuncio no BOP.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data e hora no que efectuou o envío e comunica-lo ó órgano de contratación mediante fax ou telegrama, dentro da data e hora establecidos como prazo de presentación. Sen concorrencia destes dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse nun sobre cerrado no que figurará a inscrición: «Proposición para tomar parte na poxa por procedemento aberto para o alleamento do soar Z-5 sinalado no plano nº 3 do Proxecto de Compensación do Plano Parcial das Brañas, convocado polo Concello de Sada».

Dentro deste sobre maior introduciranse dous sobres A e B pechados coa mesma inscrición referida no punto derradeiro e un subtítulo.

O sobre A subtitularase «Documentación acreditativa da pesonalidade e características do licitador e

grantía depositada» e conterá os seguintes documentos:

-DNI ou fotocopia compulsada.

-Escritura de poder verificada na súa suficiencia e legalizada, se é o caso, se se efectúa en representación doutra persoa.

-Escritura de constitución da Sociedade Mercantil inscrita no Rexistro Mercantil e nº de identificación fiscal, cando concorra unha sociedade desta natureza.

-Declaración responsable ante notario, autoridade xudicial ou administrativa de non estar incurso en prohibicións de contratar conforme o artigo 20 da Lei de CAP.

-O resgardo acreditativo da garantía provisional.

-Os que acrediten estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.

O sobre B subtitularase «Oferta económica», co seguinte modelo:

D/na..., con domicilio no Municipio... C.P..., rúa..., e DNI nº... expedido en... con data do... en nome propio (ou representación de... como acredito por...) enterado da convocatoria de poxa polo procedemento aberto, anunciada no BOP nº... de data do... tomo parte nela comprometéndome a adquiri-lo ben... no prezo de... (letra e número)..., de acordo co prego de cláusulas administrativas que acepto integramente, facendo constar que manteño a oferta durante... meses e non estou incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 20 da LCAP.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sada.

7. Apertura de ofertas.

a) Data: o quinto día hábil contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións en acto público.

8. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Sada, 1 de decembro de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde