O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:
-Asistencia técnica para a identificación dos treitos de río onde o DPH se atopa sometido a presión externa de calquera tipo, estudio e delimitación do dominio correspondente e deslinde e marcaxe dos treitos fluviais.
Adxudicatario: Eptisa, Servicios de Ingeniería, S.A.
Orzamento: 70.646.941 ptas.
-Saneamento e depuración de augas residuais na parroquia de Tenorio (Cotobade-Pontevedra).
Adxudicatario: Industrias del Deza, S.L.
Orzamento: 46.998.000 ptas.
-Depósito de auga en Moreira e rede de abastecemento (Marín-Pontevedra).
Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.
Orzamento: 114.978.411 ptas.
-Mellora das marxes e acondicionamento do río Avia (Leiro-Ourense).
Adxudicatario: Construcciones Paraño, S.A.
Orzamento: 75.325.000 ptas.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo
Augas de Galicia