Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada) para o servicio de vixilancia dos seus centros e dependencias. (C.P. 101/2000).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: servicio de vixilancia dos seus centros e dependencias.

Orzamento: 123.401.000 ptas. (741.654,95 euros).

Garantía provisional: 2.468.020 pesetas (14.833,10 euros).

Lote 1: servicio de vixilancia dos seus centros e dependencias.

Orzamento: 123.401.000 ptas. (741.654,95 euros).

Garantía provisional: 2.468.020 pesetas (14.833,10 euros).

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Criterios de adxudicaciónPonderación

1º. Melloras propostas de todo tipo, sobre as condicións do servicio establecidas nos pregos co carácter de mínimas30 puntos máximo

2º. Proxecto do servicio, con indicación das operacións que se van realizar na prestación del30 puntos máximo

3º. Medios materiais, instalacións e equipos técnicos dos que dispoña a empresa, para a realización do servicio20 puntos máximo

4º. Rebaixas económicas propostas sobre o orzamento máximo de licitación20 puntos máximo

Total puntuación máxima posible100 puntos máximo

Cada un dos factores de valoración sinalados como 1º ó 3º cualificaranse como: excelente(100% dos puntos máximos establecidos para o criterio de adxudicación de que se trate), bo (75% dos puntos máximos), aceptable (50%), malo-inaceptable (0 puntos).

En canto ó criterio de adxudicación económico, identificado co número de orde 4º, puntuarase proporcionalmente ás rebaixas sobre o orzamento máximo autorizado que presentasen nas súas ofertas os licitadores admitidos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 23 de decembro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña