Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite de urxencia, anticipado de gasto, para a contratación do servicio de información telefónica do Teléfono Xove e Emprego Xuvenil.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve

anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 45/1999.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de información telefónica do Teléfono Xove e Emprego Xuvenil.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: desde o 1 de marzo de 2000 ata o 31 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente (anticipado de gasto).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 4.200.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 168.000 ptas. (4% importe de licitación).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: información administrativa: 981 54 46 80 - 54 46 52.

Información técnica: 981 54 48 35.

e) Telefax: 981 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2ª Domicilio: San Caetano.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771, (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1999.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude