Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se corrixen erros producidos nos pregos de prescricións técnicas do concurso e procedemento aberto dunha asistencia técnica consistente na revisión e avaliación do impacto do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2000-2006, anunciado por Resolución do 29 de novembro de 1999, no DOG número 235, do 7 de decembro.

Advertido un erro na redacción do punto 3 do prego de prescricións técnicas e do cadro de datos básicos do prego de cláusulas administrativas particulares, titulado Prazo de execución (anunciado por Resolución do 29 de novembro de 1999), cómpre a súa corrección e así onde di:

«O prazo de execución dos traballos a desenvolver no presente contrato non superará en ningún caso o día 20 de xaneiro do ano 2000».

Debe dicir:

«O prazo de execución dos traballos que se desenvolverán no presente contrato non superará en ningún caso o día 15 de marzo do ano 2000».

Así mesmo, cómpre amplia-lo prazo de presentación de ofertas ata ás 14 horas del día 17 de xaneiro de 2000, co fin de que as empresas poidan levar a cabo unha nova valoración delas.

O acto público de apertura de proposicións levarase a cabo o día 20 de xanerio de 2000, ás 13 horas, na Sala de Xuntas da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, situada nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)

Angel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria