Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias 032SA/99 e 209SA/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción á Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e máis do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño),polo que se actualizan as sancións, posto que intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

No obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 1 de decembro de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 032SA/1999.

Denunciado: Veleiro Sánchez, José.

DNI: 35.198.430 N.

Último enderezo coñecido: Baro Pedrosa nº 30, Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: transportar animais vivos procedentes do mercado de Amio (Santiago de Compostela), carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vivos no Servicio de Producción e Sanidade Animal desta consellería.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: artigo 5.2º da Orde do 4-4-1997 e o 52.4º do Regulamento de epizootias en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 209SA/1999.

Denunciado: Vieiro Meizoso, Manuel.

DNI: 76.325.637.

Último enderezo coñecido: Oleiros, A Coruña.

Feito denunciado: transportar no vehículo Audi 80 matrícula C-3499-BJ, un animal bovino, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vivos no Servicio de Producción e Sanidade Animal desta consellería.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde do 4-4-1997 e o 52.4º do Regulamento de epizootias en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.