Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias 284SA/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó dea publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacions ou propostas de probas, estime convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 1 de decembro de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 284SA/1999.

Denunciado: Fuentes García, Juan.

DNI: 33.292.133.

Último enderezo coñecido: Ribeira de San Lourenzo nº 13, Santiago de Compostela.

Feito denunciado: transportar animais (2) da especie ovina no vehículo Renault Mégane matrícula C-8519-BW, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vivos no Servicio de Sanidade e Producción Animal.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: artigo 52 do Regulamento de epizootias e o 5.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción proposta: 15.000 ptas.