Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Monte Vilalbesa.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Energías Ambientales, S.A. (EASA), con enderezo para efectos de notificacións en Bugallal Marchesi 10, 1º Esq., 15008 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte Vilalbesa, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 22 de abril de 1999, Leopoldo Iglesia Lachica, en nome e representación de EASA, solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Monte Vilalbesa, de 22,2 mW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por Resolución do 26 de abril de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións

eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: Diario Oficial de Galicia do 4-5-1999, BOP do 6-5-1999 e El Ideal Gallego do 30-4-1999 e a corrección de erros á dita resolución: Diario Oficial de Galicia do 12-5-1999, BOP do 14-5-1999 e El Ideal Gallego do 8-5-1999 e déuselles coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-Cumpridos os prazos de información pública, non se presentaron alegacións.

Cuarto.-O 7 de outubro de 1999, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

X Y

Monte VilalbesaAs Somozas0.588.637 4.821.748

0.588.637 4.820.914

0.589.246 4.819.357

0.590.687 4.818.900

0.591.729 4.818.900

0.591.729 4.820.281

0.590.838 4.820.704

0.590.356 4.819.513

0.589.703 4.819.737

0.589.601 4.821.291

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 22,2 mW.

Producción anual estimada: 51.060 mWh/ano.

Investimento previsto: 3.211.570.000 ptas.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 212/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Monte Vilalbesa, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para

os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio