Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 34

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: negociado de vías.

c) Número de expediente: Ref. 1240.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: baños termais das Caldas do Bispo na Chavasqueira.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 26 de outubro e DOG do 29 de outubro de 1999.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 39.710.145 ptas.

5. Adxudicación:

a) Data: 18 de novembro de 1999.

b) Contratista: Extraco, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 36.862.928 ptas.

Ourense, 24 de novembro de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde