Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 34

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de compensación e urbanización do SU-32, polígono 5A (expediente 169/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 2 de decembro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do SU-32, polígono 5 A, por pedimento de Manuel Fernández González, en presentación de Viñafersa, S.L. Esta aprobación queda condicionada á aceptación pola promotora da valoración feita polos servicios técnicos municipais da porcentaxe de aproveitamento urbanístico lucrativo que lle corresponde a este concello (9.920.000 pesetas) e á corrección do proxecto de compensación nos aspectos afectados pola dita valoración, antes da súa aprobación definitiva.

2. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do SU-32, polígono 5 A, por pedimento de Manuel Fernández González, en representación de Viñafersa, S.L., logo de constitución de garantía por importe de 25.799.685 pesetas co obxecto de asegura-la

correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas de edificación.

3. Someter ámbolos expedientes a información pública polo prazo dun mes, anunciando este no BOP, no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con citación persoal ós propietarios afectados polo proxecto de compensación, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 de decembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente