Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 34

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo acordo da Comisión de Goberno do Concello de Lugo, con data do 9 de decembro de 1999, o proxecto de urbanización da unidade de actuación CS-13, mediana da Ronda das Mercedes, por solicitude de Santiago Ucha Dolz del Castellar.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla nº 197) e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 21 de decembro de 1999.

Ángel Quiñoa Murado

Secretario

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente-alcalde delegado da Área