Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 33

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de outubro de 1999, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS de planeamento vixentes en Arteixo, que ten por obxecto a modificación delas nos ámbitos zonais denominados URME-1 y URME-2, promovida por Rafael González-Cebrián Tello, en representación de Manuel, Andrés y Jesús Vázquez Taboada, e redactada polo arquitecto Rafael González-Cebrián Tello (expediente 9/1999.PMP).

Recursos.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e, procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente, o Tri

bunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición del sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición del), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 15 de novembro de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado