Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 25

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se convocan para o levantamento de actas previas á ocupación os titulares dos predios afectados pola construcción das instalacións do proxecto ramal a Redondela.

Con data do 11 de outubro de 1999, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións do proxecto Ramal a Redondela, que discorre polos termos municipais de Pazos de Borbén e Redondela. Declarada a utilidade pública e urxente ocupación de conformidade co disposto nos artigos 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan na casa do concello onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, con independencia de desprazarse posteriormente ó terreo e de conformidade co procedemento que establece o dito artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses

sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoal debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e mailo último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e dun notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentarse no Concello de Redondela ás nove da mañá do día en que sexan citados, que será nas datas comprendidas entre os días 11 e 20 de xaneiro, ambos inclusive.

Para tal efecto a cada interesado remitiráselle unha citación por correo certificado con xustificante de recepción, sinalándolle a data en que deberá concorrer e igualmente publicarase no taboleiro de anuncios do concello a relación de afectados, con indicación da data sinalada a cada un deles.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación deste acordo ós titulares descoñecidos e mais a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio, Gas Galicia DSG, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 16 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de titulares descoñecidos ou con domicilio ignorado

Convocatoria actas previas

Proxecto: Ramal a Redondela

Termo municipal: Redondela

Predio nºTitularAfecciónCatastroNaturezaCitación

L.M.L.O.T. mPolíg.ParcelaDíaMesHora

PO-RE-26Descoñecido0105272Monte alto14Xaneiro9

PO-RE-28Descoñecido1080277Monte alto14Xaneiro9

PO-RE-49Descoñecido045201072Monte alto18Xaneiro9

PO-RE-50Descoñecido0300201051Monte alto18Xaneiro9

PO-RE-55Descoñecido030201052Monte alto18Xaneiro9

PO-RE-56Descoñecido0110201033Monte alto18Xaneiro9

PO-RE-60Descoñecido014026226Monte alto18Xaneiro9

PO-RE-62Descoñecido05002639Monte alto18Xaneiro9

PO-RE-63Descoñecido0902638Monte alto19Xaneiro9

PO-RE-64Descoñecido0802635Monte alto19Xaneiro9

PO-RE-75Descoñecido017620969Monte alto

(núcleo rural)

19Xaneiro9